Descripción
A famosa historia da lebre pequena e a gran lebre cor de abelá reaparece cunha nova forma, pero con esa tenrura de sempre que tanto nos conmove. Agora nunha caixiña regalo que contén un libro de cartoné e un boneco de peluche.
“Adiviña canto che quero”, o xogo de amor que xorde espontaneamente entre pais e fillos, converteuse nunha fermosa historia de dúas lebres cor de abelá que percorreu o mundo e vendeu 28 millóns de exemplares.
Máis relatos das entrañables lebres brotaron a partir de entón. Adiviña canto che quero Aquí, alí e en todas partes e Adiviña canto che quero durante todo o ano, Adiviña canto che quero despregable e con pop- ups… E ata O meu libro de bebé, un gran álbum para atesourar os recordos dos dous primeiros anos da vida do neno.
Agora estamos de celebración: chega ás nosas mans un precioso estoxo sorpresa. O agasallo perfecto para os nenos, os que queiran adiviñar canto lles queremos e os que fai intre saben a resposta, pero gozan escoitándoa unha vez máis.
Ficha Técnica
Autor: Sam McBratney
Ilustradora Anita Jeram
Editorial Kokinos
Reseñas
Aínda non hai valoracións.