Descripción
“Os esquíos son as criaturas máis pícaras do bosque. No outono, cando abundan os froitos secos, escóndenos baixo as follas. Logo, no duro inverno, recuperan os seus froitos e rouban outros se os atopan”.
ESQUÍOS DEL BOSQUE é un xogo familiar moi divertido no que imos ser esquíos que escondemos e roubamos froitos, coa participación dos diferentes animais do bosque. Cada xogador terá un set de froitos que deberá esconder sabiamente e lembrar ben onde e como escondeu eses froitos, ademais de observar o comportamento do resto de esquíos para identificar onde teñen os seus froitos escondidos e non os seus indesexables merdiñas.
O xogo conta cun novo taboleiro modular, con 5 partes, as cales se usarán en función do número de xogadores. Formando bosques de diferentes e atractivas formas. Ademais os módulos de taboleiro presenta dúas caras, o cara día e a cara noite. Segundo se queremos xogar polo día ou pola noite teremos experiencias de xogo totalmente diferentes.
Outra das virtudes deste xogo, é poder xogar a diferentes modalidades, en función da idade dos participantes, desde modos sinxelos para os máis pequenos da casa, a modalidades con máis interacción para aqueles máis experimentados.
FICHA TÉCNICA
Autor/a: Paco Gómez
Ilustradora: Amelia Saes
Idade: +6 anos
Nº Xogadores: 2-5
Tempo de Xogo: 15 min.
Reseñas
Aínda non hai valoracións.