Descripción
Esta noite dará comezo a misión secreta « Amón Ra». O equipo, composto por catro axentes secretos moi astutos, entrará a roubar no museo e descifrará os complicados códigos do dispositivo de seguridade grazas a cálculos moi precisos. Xa sexa con sumas, con restas, con multiplicacións ou con divisións, os números dos dados teñen que combinarse de maneira que os resultados se correspondan cos números do código. Quen será o primeiro en superar todas as barreiras luminosas para atrapar a valiosa máscara de Amón Ra?
Contido: 1 taboleiro de xogo, 4 axentes secretos, 15 fichas de números, 6 dados 1 instrucións do xogo.
Ficha Técnica
Idade +8 anos
Nº xogadores 2 – 4 persoas
Duración 15 min.
Autores: Jürgen Grunau
Ilustradores Stefan Fischer
Reseñas
Aínda non hai valoracións.