AS MANSIONES DA TOLEMIA

109,95  IVE Incluído

Esgotado

SKU: 8435407610705 Categorías: , , Etiqueta:
Añadir a la lista de deseos

Descripción

A porta está aberta.

Nos sórdidos canellóns e as ominosas mansións de Arkham ocúltanse forzas arcanas, segredos aterradores e monstros indescritibles. Sectarios e demais lunáticos conspiran no interior destes antigos edificios para convocar aos Primixenios, e baixo a luz da lúa axexan bestas descoñecidas polos eruditos mortais. Esta noite, un puñado de valerosos investigadores aventúranse tras as portas pechadas de Arkham para presentar batalla contra a tolemia que encerran no seu interior…

As Mansións da Tolemia é un xogo de taboleiro de horror e misterio totalmente cooperativo. Onde de 1 a 5 xogadores asumen o papel dos investigadores que se penetran nas escuras estancias das mansións enmeigadas de Arkham e noutros lugares igualmente sinistros para desvelar segredos estraños, resolver enxeñosos crebacabezas e enfrontarse a perigos xurdidos doutros mundos.

CONTIDO
2 cadernos de regras, 24 módulos de taboleiro, 8 cartas e miniaturas de Investigador, 40 cartas de Obxecto común, 24 cartas de Obxecto único, 30 cartas de Feitizo, 37 cartas de Estado, 40 cartas de Dano , 40 cartas de Horror, 24 indicadores e miniaturas de Monstro, 16 fichas de Procura/Interacción, 16 fichas de Exploración/Ollada, 22 fichas de Personaxe, 4 fichas de Obstrución, 4 fichas de Pasadizo secreto, 18 fichas de Lume/Escuridade, 8 fichas de Parede, 4 fichas de Porta, 26 fichas de Pista, 6 fichas de Identificación, 5 dados.

NOTAS
Para xogar a esta nova edición das Mansións da Tolemia necesítase unha aplicación dixital gratuíta, dispoñible para Mac e Windows, e no AppStore™ de iOS, a tenda en liña de Google Play™ ou a Tenda Apps de Amazon.

Ficha Técnica

Idade +14 anos
Nº xogadores 1 a 5

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “AS MANSIONES DA TOLEMIA”

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *