Descripción
Dirixes un equipo de valentes Exploradores, nunha expedición a unha exótica illa chea de perigos e tesouros. De súpeto, o volcán que coroa este exuberante arrecife, ata o de agora durmido, entrou en erupción! A terra comeza a tremer e a illa afúndese, lenta e inexorablemente, no mar. Debes salvar ao teu equipo se queres gañar a partida.
O obxectivo do xogo é conseguir que os teus Exploradores cheguen a terra firme, coa maior cantidade de tesouros posible. Ao final da partida, sumaranse os puntos, que están impresos na base, dos Exploradores que estean a salvo, e o xogador con máis puntos será o gañador.
The Island, suspense, acción, aventuras… e moitas risas aseguradas!
CONTIDO
Un taboleiro, 40 fichas de Terreo (16 de Praia, 16 de Bosque e 8 de Montaña), 40 fichas de Explorador (10 de cada cor), 5 fichas de Serpe Mariña, 6 fichas de Quenlla, 5 fichas de Baleas, 2 fichas de Barco, un dado de Criaturas e instrucións.
Ficha Técnica
Idade mínima recomendada 8 anos
Número de xogadores 2 a 4
Duracion 45 min.
Reseñas
Aínda non hai valoracións.