ao outro lado do mostrador

Chámome Iria, son educadora social e nai dunha ratona de 7 anos. Sempre me gustou xogar e os xoguetes, pero o meu interese creceu no mesmo momento que tiven a miña pequena.

Ao medrar notei que a maioría dos xoguetes que me ofrecía o mercado non era o que buscaba para ela: xoguetes de plástico con luces e sons con moito que observar e pouco que xogar, xoguetes que non quedan na nosa memoria, xoguetes sen alma …

Coma educadora e monitora de tempo libre, sabía da gran importancia que ten o xogo na educación e desenvolvemento das nosos fillas e fillos, polo que xunto coa miña amiga Paloma, educadora e nai coma min, creamos o Xogando nas Nubes  no ano 2014.

Xogando nas Nubes é un espazo cheo de xoguetes preciosos e de calidade; pero sobre todo é un espazo para soñar novos mundos e fantasías, para experimentar, para non parar de rir … e o máis importante: para abrir unha porta a esas pequenas mentes inquietas …

"Os nenos non xogan para aprender, pero aprenden porque xogan" Jean Piaget.